jueves, 14 de abril de 2011

LUZ VERDE

Descartada a idea de conseguir unha farmacia auténtica, decidimos alugar un local por eses tres días e atrezzalo. Tras chamar a unha docena de locais, ningún estaba interesado en alugalo menos dun mes, o cal era impensable.

Desesperados, atopamos un hall na escola que ben preparado daba o peso, polo que fomos pedir permiso.
Maldita a hora na que pensamos en ambientar a farmacia na escola! Parece ser que na Escola Audiovisual de Vigo está mal visto gravar obras audiovisuais... Co ánimo polo chan, xusto o último día unha farmacia de Cambados baixou do ceo e rescatounos. Tivemos que reorganizar todo nunha tarde, pero contra tódolos pronósticos, tras un pitching desastroso, Farmacia de garda, de agora en diante Luz verde, será gravado os días 2 e 3 de maio, en Cambados. Porque "CAMBADOS COMVIENE".

viernes, 1 de abril de 2011

CASTING

Onte, día 31 de marzo, tivemos o casting dos actores secundarios. Buscábamos a tres actores e unha actriz. Hoxe podemos dicir que temos a case todos os actores.
En canto os actores principais, hoxe confirmáronnos a súa participación en Farmacia de Garda.

Agora toca un finde de moito traballo para rematar os últimos detalles do noso dossier. Desexádenos sorte..
Un saudo,
Urban Pig Films.