SINOPSE

LUZ VERDE é unha curtametraxe baseada no libro Cemiterio de elefante, de Fran Alonso, actual subdirector da editorial de libros Xerais.
Ermitas é unha muller de Cabral, un pobo de Vigo que chega a cidade a altas horas da madrugada para comprar un medicamento de urxencia. O chegar atópase con que o farmacéutico non lle quere vender o medicamento por non ter a receita, mentres este atende a todo tipo de xente sen ningún problema.
Ermitas esconde algo, teme dicir a verdadeira razón de por que quere o medicamento, e intenta convencer ó farmacéutico de todas as maneiras nunha noite fría, mentres o seu home espera por ela no seu vello coche.