jueves, 31 de marzo de 2011

FARMACIA DE GARDA

Desta vez sí que hai novidades, así que iremos por partes:

-Fran Alonso: non lle gustou o noso final (o tipo de humor non concorda co humor do resto do relato), nin o noso título, así que respectamos os gustos do creativo e o novo título vai ser
                                                              
                                                         "FARMACIA DE GARDA"

Quedamos con el o xoves 24 nunha cafetería para que nos firmase a cesión de dereitos. Foi moi amable, dedicounos "Cemiterio de elefantes",regalounos un par de contos seus e incluso se sacou unha foto con nós :D
-Casting: soaba o nome de Xavier Estévez como farmacéutico, pero finalmente tivo que dicirnos que non porque tiña compromisos sobre a data da nosa gravación.
Tampouco pode vir Víctor Mosquera, pese a que nos dixo que lle encantaba o proxecto.
O que si que pode facelo en caso de que se leve a cabo é Rubén Marina e César Cambeiro, pero non hai nada concreto aínda, crucemos os dedos...

Para Ermitas desde o principio gustounos Dorotea Bárcena, falamos con ela e díxonos que en Maio "era toda nosa", polo que estamos contentísimos!

E para Ramón, quedamos con Miguel Llanderas, que está encantado de participar e que ademáis é vello coñecido de "Dori".

Para os actores secundarios, dedicámonos a pegar carteis, convocándoo para mañá pola tarde, mais...os que contestaron son os que non poden vir, adxuntando currículum e datos persoais. E non hai máis remedio... faráse o que se poda.

-Atrezzo e material: seguimos buscando cruz!! hai un almacén que se dedica a recoller cruces de farmacias usadas ou estropeadas e demáis, pero non responden os mails, así que haberá que chantarse alí e poñer cariña de pena...

Esperemos que haia máis novidades pronto!
Ata outra porquiños!

viernes, 11 de marzo de 2011

URBAN PIG FILMS PRESENTA

Ola! (máis vale tarde que nunca) ...
Somos Berni (máximo xefe), Sara (superdirectora), Bruno (axudante e rapaz para todo) e unha servidora, Valeria, e xuntos somos... Urban Pig Films!!! tatatacháaaan tatachán tata cháaaan

Desta vez deleitámosvos con "Cidade de porcos", unha curtametraxe baseada no relato "1:00 AM",do libro "Cemiterio de elefantes" de Fran Alonso.

Tras case un mes de preprodución,tantas ideas, tantas cousas feitas, e moitas máis que faltan por facer. Unha vez reescrito o guión, pensamos que sería definitivo, pero o final é provisional xa que non conseguimos poñernos de acordo: que lle di Ramón á súa querida Ermitas ó vela voltar sen o consabido Voltarén?

Tampouco tivemos sorte (de momento) buscando a farmacia adecuada.A farmacia adecuada onte era a que se adaptara ó guión. Hoxe é calquera onde nos deixen gravar, porque vémolo moi complicado.
Tras unha longa tarde costa arriba e costa abaixo, a resposta foi unánime :" de noite? nooon!unha vez finalizado o meu horario de traballo eu marcho para a casa!". Comprensible.


A idea que nos deron foi buscar unha farmacia 24 horas, así que a buscar direccións en Google e a camiñar, suplicantes,outra tarde por Vigo adiante.

Un saúdo porquiños!