viernes, 11 de marzo de 2011

URBAN PIG FILMS PRESENTA

Ola! (máis vale tarde que nunca) ...
Somos Berni (máximo xefe), Sara (superdirectora), Bruno (axudante e rapaz para todo) e unha servidora, Valeria, e xuntos somos... Urban Pig Films!!! tatatacháaaan tatachán tata cháaaan

Desta vez deleitámosvos con "Cidade de porcos", unha curtametraxe baseada no relato "1:00 AM",do libro "Cemiterio de elefantes" de Fran Alonso.

Tras case un mes de preprodución,tantas ideas, tantas cousas feitas, e moitas máis que faltan por facer. Unha vez reescrito o guión, pensamos que sería definitivo, pero o final é provisional xa que non conseguimos poñernos de acordo: que lle di Ramón á súa querida Ermitas ó vela voltar sen o consabido Voltarén?

Tampouco tivemos sorte (de momento) buscando a farmacia adecuada.A farmacia adecuada onte era a que se adaptara ó guión. Hoxe é calquera onde nos deixen gravar, porque vémolo moi complicado.
Tras unha longa tarde costa arriba e costa abaixo, a resposta foi unánime :" de noite? nooon!unha vez finalizado o meu horario de traballo eu marcho para a casa!". Comprensible.


A idea que nos deron foi buscar unha farmacia 24 horas, así que a buscar direccións en Google e a camiñar, suplicantes,outra tarde por Vigo adiante.

Un saúdo porquiños!

1 comentario:

  1. Queridos Berni, Valeria, Sara e Bruno:
    Diríxome a vostedes para facervos saber que temos un novo blog, xa que o impresentable xefe de produción, un tal Pepe Camiña esqueceuse do contrasinal do primeiro blog, por iso, deixovos o novo enlace para que nos sigades.
    http://historiasenretorno.blogspot.com
    Un saúdo ^^

    ResponderEliminar